Diana´s Blog

Archivar en la categoría “Composiciòn de texto”

reformismo borbónico na Galicia do setecentos, composición de texto hco

COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTORICO

Os documentos seguintes permiten elaborar un texto que teña por asunto central a influencia do reformismo ilustrado en Galicia, empezando polas políticas administrativas (doc 1) e polas intervencións oficiais (doc 2) ou particulares (doc 3) dirixidas a un mellor coñecemento da realidade do país, coa finalidade de mellorar os recursos humanos e materiais que poidan garantir o benestar dos súbditos da Monarquía hispánica (docs. 4, 5 e 6).

FILIPE V. NOMEAMENTO DE INTENDENTE PARA O REINO DE GALICIA (10-8-1718).

Don Filipe, pola gracia de Deus (…). Por canto teño decidido establecer nos meus reinos, provincias e exércitos, intendentes que entendan en cuestión de xustiza, policía, facenda e guerra, e sendo conveniente que elixa persoa que sirva de intendente do reino de Galicia e das súas tropas, tendo en conta que as circunstancias que se requiren para o cargo concorren en vós, don García Ramírez de Arellano, noméovos intendente do referido reino de Galicia e das súas tropas. E quero, e é a miña vontade, que residades na cidade da Coruña.

RECONTO DO PATRIMONIO DE ANTONIO JACINTO DE ROMAY ARMADA E SOTOMAYOR (9-7-1743).

Primeiramente a casa, torre e capela coa súa horta cercada por alta muralla, con dous muiños coa auga necesaria para eles e a sobrante para os prados da horta de sementeira de 70 ferrados…Os campos de labradío…son máis de 200 ferrados de sementeira que producen cada quinquenio mil ferrados de todo froito…Ademais a viña que se inclue dentro das citadas murallas que producen 40 moios de viño…Así mesmo, o bosque contiguo á casa formado por carballos, aciñeiras, piñeiral e toxal que teñen 150 ferrados, e o seu pombal…Ademais, os montes que chaman de Castiñeiras…Os bens e efectos que pertencen ó referido morgado e as súas rendas importan 13.100 reais.

FREI MARTÍN SARMIENTO. CATÁLOGO DE VOCES E FRASES DA LINGUA GALEGA (1745-55).

É necidade que poida haber lingua, viva ou morta, que sexa mellor para explicar os seus conceptos que a que cada un ten mamado e coa que se criou todo o tempo da súa xuventude. É moi útil que se estudien, se saiban, se entendan e se falen linguas alleas, pero sen esquecer a nativa.

ESTATUTOS DA ACADEMIA DE AGRICULTURA DO REINO DE GALICIA (1765).

11.- O primeiro obxetivo dos académicos será investigar as causas da decadencia da agricultura nas sete provincias do reino de Galicia.

12.- Unha vez coñecido isto, tratarase dos medios de restablecer a agricultura, estimular ó labrego e incluso premialo e indemnizarlle algúns gastos como a compra de plantas e sementes extranxeiras, e a fabricación e uso de novos instrumentos.

15.- Os académicos terán especial coidado en ser os primeiros en adoptar o novo método…

CARLOS III. CÉDULA DE CREACIÓN DO REAL CONSULADO (1785).

Teño determinado establecer na cidade da Coruña e no seu porto un Consulado de mar e terra extensivo ó de Vigo e a todos os portos do arcebispado de Santiago, baixo as seguintes regras:

54.-O Consulado acordará os medios máis axeitados para o establecemento de escolas de Comercio, Agricultura e Debuxo, e especialmente dun Colexio de Pilotaxe e Mariñeiría…Tamén contribuirá a promocionar os medios máis rápidos e adecuados para limpar a ría, rematar a obra do dique, e facilitar as restantes que se necesitan para mellorar o porto.

INFORME DA SOCIEDADE DE AMIGOS DO PAÍS DE LUGO (1786).

Dende o seu establecemento…non deixou de promover por todos os medios posibles os seus obxetivos, verificando especialmente o cumprimento dos traballos de fiadas a torno, finura e branqueo de lenzos, plantío de moreiras e outros vexetais, fomento das fábricas, escola da doutrina cristiá e primeiras letras, ofrecendo e dando premios en obsequio das artes, inventos e memorias de mérito, facilitando e pagando o desague e desecación dunha lagoa próxima a esta cidade que non só a infesta senón que estorba un terreo propicio para unha fermosa alameda.

Navegador de artículos