Diana´s Blog

Prehistoria en Galicia (parte1)

Paleolítico Inferior

As primeiras probas da presenza humana en Galiza remontanse hai uns 300.000 años. Coincidiendo co paleolítico inferior. Apareceron restos dende Ribadeo ata A Guarda. Restos de utensilios feitos de cuarzo o cuarcita como bifaces, fendedores, triedros.. Móstranos unha industria Acheulense.

Nesta etapa coñécense dúas culturas:

  • Paleolítico inferior arcaico (ou “cultura dos cantos tallados”)
  • Paleolítico inferior cláseico (ou cultura Acheulense)

As industrias son simples e os tipos reducidos. Deste período son os asentamentos da Piteira (Toén), A Chaira (San Cibrao de Las), Pazos (San Cibrao das Viñas), Chan de Cereixo (A Portavedra, Gondomar), Arbol e as Gándaras de Budiño (Porriño) e Camposancos (A Guarda).

Eran nómadas, xa que eran grupos de cazadores-recolectores. Tamén utilizaban a pesca e a recollida de marisco. Vivían en tribus.

Paleolítico medio

Nesta etapa a industria característica é a musteriense, elaborada polo home de neanderthal. A este periodo corresponde parte dos asentamentos das Gándaras de Budiño e do Campo da Mama (A Veiga).

Paleolítico Superior

Período dos 30.000-8.000 a.C . Atopamos instrumentos de pedra e de oso, tales como puñais, arpóns, agullas. É unha industria Azilense, a base de sílex, cristal de rocha, pórfidos cuarcíticos, cuarzos e cuarcitas. As ferramentas máis características son os burís e as raspadeiras. Non hai probas de arte rupestre en Galiza. Encontramos arte moble nos que destacan os colgantes.Os asentamentos máis importantes deste período son os de Pena Grande (Vilalba), Prado do Inferno I (Muras), Pena Grande (Férvedes, Lousada, Xermade) e as covas de Valdevara (Becerreá).

O mesolítico

Sitúase aproximadamente entre o 8000 a.C. e o 5000 a.C. Co cambio de clima nesta época, desaparecen a maioria dos animais de caza maior como os bisontes. Tamén houbo cambios na flora e fauna. Tiveron que cambiar os seus métodos: perfeccionar a caza, facer variada a recolección de froitos e verduras, incrementar a pesca. Prodúcense os primeiros ensaios de agricultura e gandería. Tamén aparece arte moble de tipo relixioso. Atopáronse asentamentos adxudicados a esta etapa na zona limítrofe entre as provincias da Coruña e Lugo.

O neolítico

Desenvólvese entre o 5000 e o 3000 a.C. caracterizado polo nacemento da agricultura e a domesticación de animais ademáis da cerámica. Nesta etapa aumentou a poboación debido o aumento dos alimentos grazas a agricultura. Habitaron zonas altas debido a vexetación. Predominaba carballeiras, sobreiras, ulmos, freixos, abeleiras… Desta época data o Megalitisimo que atopamos por toda Galiza. Os habitantes desta época eran seminómadas. A agricultura, gandería e o marisqueo eran moi importantes. Eran especialistas no traballado coa pedra. Para edificar empregaban granitos ou lousas, para os obxectos pulimentados as rochas metamórficas e os acibeches ou a blenda para os adornos. No Dolmen de Dombate ou no de Axeitos atopáronse ídolos ou representacións de antepasados, ou dos vivos que están presentes.

Anuncios

Navegación en la entrada única

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: